Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O grupo de sendeirismo de Xove marcha de viaxe ás Illas Atlánticas

Por 18 Setembro, 2019Sin comentarios

O Grupo de Sendeirismo da Asociación Cultural e Deportiva de Xove, está a organizar unha viaxe de fin de semana ao Parque Nacional da Illas Atlanticas, en Pontevedra, para facer sendeirismo na Illa de Ons e nas Illas Cíes.O fin de semana será o ultimo deste mes de setembro, sábado 28 e domingo 29.

O sábado 28 o grupo desprazarase en barco, con saída de Portonovo, e farán as dúas rutas máis representativas da Illa de Ons (unha pola mañá e outra pola tarde), pasando todo o día na citada illa.

O sábado pernoctarán nun coñecido hotel de 4 estrelas, en Vigo, para saír o domingo 29 pola mañá dende Vigo, para as Illas Cíes, onde farán outro par de rutas durante todo o día.

As comidas serán nos centros de restauración que hai nas illas, e o transporte en barco será ca Naviera Mar de Ons. Mais información e inscricions en: 618 976 159.