Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os vivarienses poderán plantexarlle dúbidas este vernes a europarlamentaria nacionalista Ana Miranda

Por 19 Setembro, 2019Sin comentarios

O BNG organiza para este vindeiro venres unha charla-coloquio na que participará Míriam Bermúdez, concelleira de Viveiro, xunto coa portavoz do BNG en Europa Ana Miranda. Unha charla informal totalmente aberta a cuestións e demandas que o público queiran transladar ás interventoras deste acto.

Ana Miranda xa é coñecida en Viveiro tanto polo seu interese pola degradación do areal de Covas, como polo saneamento da ría de Viveiro en especial, levándoo incluso ao Parlamento Europeo. Unha muller constante coa defensa do sector pesqueiro galego e co Brexit, coa situación das persoas refuxiadas como as do Open Arms, co saneamento das rías galegas e a limpeza dos ríos, como a definen os seus compañeiros.

Esta charla-coloquio será aberta a distintos temas e dará lugar na terraza do Bar Cornelius situado na Praciña da Herba en Viveiro, ás sete da tarde.