Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela rematará cun día sen coches a semana europea da mobilidade

Por 21 Setembro, 2019Sin comentarios

Deron comezo en Burela, o luns 16, as actividades da XIII Semana Europea de Mobilidade, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. As actividades da Semana Europea da Mobilidade, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente, seguirán ata o 22 de setembro, xornada na que se celebrará o Día sen Coches. 

Ao comezo da semana, os rapaces de 4º de Primaria do CEIP Vista Alegre foron Andando ao colexio, viron uns vídeos de seguridade vial e visitaron as dependencias do Concello, onde foron recibidos polo alcalde, Alfredo Llano, e polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.

E as nenas e nenos de infantil e de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Vista Alegre asistiron a charlas impartidas pola DXT.

Camiñar e pedalear seguro é o título das conferencias de este martes, que chegarán tamén ao CEIP Virxe do Carme ao igual que Andando ao colexio.  

O luns entre as 17:30 e as 19:30 horas tivo lugar un taller de manualidades e pintacaras na praza da Mariña. Cos asistentes estiveron as monitoras de Gaia. 

E o martes, pola tarde a partir das 18.30 horas, desenvolveuse o concurso de debuxo infantil Camiña connosco, destinado a rapaces e rapazas de ata 12 anos. Foi na praza da Mariña e houbo agasallos para os participantes.