Cervo acolle este domingo 22 un campionato de Taiji Quan

O Concello de Cervo presentou o I Campionato Galego e III Interautonómico de Taiji Quan, na modalidade de Tao Lu, que terá lugar este domingo, 22 de setembro, no Pavillón do CEIP Península da Paz, a partir das 10.30 horas.

A cita, na que se estima que participarán medio cento de deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Asturias e Castela León, foi presentada polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo Director Nacional do Departamento de Taiji Quan, Miguel Ángel Rojo.

A entrega dos trofeos está prevista para as 13.00 horas.

Etiquetas