Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comezan as festas das Dores e Santa Eufemia en Cervo

Por 21 Setembro, 2019Outubro 2nd, 2019Sin comentarios

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a fin de semana.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os membros da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo e Federico Lage, presentaron o evento.

A cita comeza hoxe sábado 21 coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, da comezo a VI  Festa Popular dos Callos, amenizada por DJ FDB.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Ritmo Noche seguida de Mayel Trío.

O domingo 22 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro. 

Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú prolongada co Grupo Puzzle.

A Festa está organizada pola A.C. Virxe das Dolores coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

Tamén se festexa a Santa Eufemia, os días 21 e 22, en Trasbar, con alfombra floral o sábado a carón da capela, misa cantada pola coral Terramar de San Cibrao, degustación gratuíta á noite de caldo galego e verbena coas orquestras Magos e o dúo Epo-k. Este último actuará tamén o domingo.