Os nenos xogan hoxe en igualdade na Alameda dos Remedios de Mondoñedo

A Alameda dos Remedios de Mondoñedo acolle hoxe, sábado 21 de setembro, ata as 21 horas, varias actividades do programa autonómico denominado Imos xogar en igualdade, promovido pola Xunta de Galicia e no que colabora o Concello.

No nomeado Pobo da Igualdade, os cativos xogarán nunha casiña onde as funcións se reparte en harmonía e equilibrio, escoitarán contos que promoven a igualdade entre homes e mulleres, xogarán a ser iguais, repartíndose os roles adquiridos, incluíndo as profesións tipicamente asocidadas a determinados sexos e irán a un colexio onde todo o que lles arrodea será igualitario.

As actividades prolongaranse en horario de mañá e tarde, a partir das 14.30 e ata as 21.00 horas.

Mondoñedo recibiu subvencións da Secretaría de Igualdade dende o ano 2009 que ascenderon a uns 152.000 euros, se ben o 94 por cento correspondeu ao mantemento do Centro de Información á Muller cun importe de 143.112 euros.

Tamén se financiaron programas de promoción da igualdade, como actividades de coeducación e o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello.

A secretaría xeral de Igualdade valora positivamente que o Concello adheríuse á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que forman parte máis de 158 municipios galegos.

Etiquetas