O Consello de Ministros convoca para o 17 de novembro as eleccións en Burela

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se convocan eleccións locais parciais en tres municipios con mesas nas que o escrutinio foi anulado por irregularidades, como aconteceu na mesa do Perdouro de Burela. Deste xeito, a celebración destas elecións locais parciais será o vindeiro 17 de novembro. Están chamados a votar 630 electores.

Non se realizará campaña electoral. Os gastos segundo o Goberno serán menores e poderá reutilizarse parte do material.

Etiquetas