Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Entra en funcionamento este luns un novo aparcadoiro en Burela

Por 23 Setembro, 2019Sin comentarios

Este luns entra en funcionamento un novo aparcamento municipal en Burela. Está situado preto da escola infantil da avenida da Mariña. O obxectivo é ofrecer un bo servizo aos pais e ás nais dos rapaces e rapazas que acoden aos centros de ensino que hai nesa zona, segundo subliñou esta mañá o alcalde, Alfredo Llano. 

O rexedor explicou que “a partir do luns tanto no colexio de Os Castros como na escola infantil que está situada na Avenida da Mariña, para facilitar que os pais poidan deixar aos seus fillos nestes centros, dotamos dun novo aparcadoiro municipal a esa zona: mesmo enfronte da escola infantil”.

Llano dixo: “consideramos que vai facer un bo servizo, é algo que era demandado e fíxose o antes posible. Vai ter gran capacidade, polo menos para que todos os pais de alumnos que van a eses centros e os profesores poidan aparcar. Polas súas dimensións, a facilidade de acceso e o ben que quedou eu creo que vai servir para cubrir esta demanda que había desde hai tempo”.

E engadiu: “imos abrilo o luns, espero que sexa ben empregado e que sirva para gañar seguridade e axilidade para deixar aos rapaces nesas dúas escolas”.

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, visitárono nas últimas horas.