Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Plataforma Pro Celeiro reuníuse co BNG e coa Xunta para que se sanee a ría

Por 24 Setembro, 2019Sin comentarios

A Plataforma Veciñal Pro-Celeiro é apartidaria, pero non apolítica, pois a política é a ferramenta que teñen para defender o ben común. Analizan cada paso e cada palabra que os distintos partidos políticos lles trasladan. O pasado venres 20 foi un día intenso. Na Plataforma coñecen o traballo anterior na Eurocámara de Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, con respecto da ría de Viveiro, e da súa intención de acercarse ao pobo dende o primeiro día das mobilizacións. Unha vez que publicou a súa visita para o venres, inmediatamente despois a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade programou unha reunión coa Plataforma, din, sen ter confirmada a súa asistencia, obxectan.

A Plataforma Veciñal Pro Celeiro desminte rotundamente á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cando afirma que non convidou á alcaldesa de Viveiro á presentación da EDAR en rolda de prensa por “expreso desexo” deste colectivo. Aseguran os veciños que eles non organizaron a comparecencia da Xunta, nin por suposto quen estaría. 

A Plataforma reuniuse coa conselleira en privado, e a petición do seu departamento, antes da  súa comparecencia ante os medios de comunicación. En ningún momento pediu que non convidaran a alcaldesa, María Loureiro, matizan. Proba diso é que criticasen que non estivera nese acto e que consideraran de deslealdade institucional que non a convidaran, dado que o Concello é a entidade responsable de xestionar a EDAR.

Lémbranlle á conselleira que a Plataforma Veciñal non admitiu nunca a presencia de partidos nin de siglas nas reunións que mantivo co seu departamento, co de Augas de Galicia, co Concello de Viveiro e con quen faga falta.

Por suposto, e porque o que lles interesa son solucións ás peticións, decidiron asistir á reunión coa conselleira. 

Sorprendéulles que a conselleira da Xunta anunciase a licitación das obras de mellora da Edar, sen estar nada pubricado no DOGA, e máis cando Miranda confirmou que a Comisión Europea non ten constancia. 

Preocúpalles que este anuncio que fixo a Consellería se trate simplemente dun acto eleitoralista e queren crer que na próxima semana verán algo publicado no Diario Oficial.

Aproveitan tamén para expresar a súa sorpresa pola falta de respecto institucional que mostrou, afirman, a Xunta ao facer pública a licitación sen contar coa presenza da alcaldesa de Viveiro, parte implicada neste proxecto. Dato que de novo lles fai pensar nun rédito de cara ás eleccións.

A plataforma te tamén serias dúbidas de como se vai a desenrolar o segundo proxecto, o do emisario. Tanto da súa demora no tempo coa conseguinte continuidade da desconexión da depuración de Celeiro e Area; da obrigatoriedade e cumprimento do pretratamento das industrias que terá que ser efectivo antes da súa conexión á depuradora; como de que a folla de ruta alternativa que presentou a Xunta pode ser eficaz a curto prazo. Os veciños sobre todo teñen medo de que se gasten os fondos nun proxecto incompleto e de novo volva a quedar así durante outros 20 anos. 

Por todo isto, entre outras cousas, e visto que a presión fai a forza, anunciamos a nosa intención de acompañar a Ana Miranda a Europa e agradecemos a oportunidade que nos da de denunciar públicamente no Parlamento Europeo o que está a acontecer na nosa ría.