Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo para a súa actividade o venres 27 para concentrarse en apoio á Alcoa

Por 25 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo convida ao persoal municipal a sumarse á concentración que terá lugar o vindeiro venres, 27 de setembro, no Castelo, entre as 14:00 e as 14:30 horas “co obxectivo de reivindicar un prezo da enerxía competitivo que garanta o emprego e a permanencia de Alcoa na nosa zona”.

Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, reunimos ao Comité de Empresa do Concello para “convidar aos empregados a que se sumen a esta nova protesta, pechando ese día os servizos que presta a Administración local ás 13:30 horas, agás o da Escola Infantil Municipal, como prestación esencial para favorecer a conciliación familiar”.

Villares insistiu na importancia de visibilizar o noso problema, porque o peche das 32 cubas de electrólises e as perdas millonarias que revela a empresa non son bo sinal; “e temos que ser conscientes da importancia que ten a permanencia da empresa do alumnio na nosa zona, para esta Administración e para a Comarca no seu conxunto, porque dela dependen moitos postos de traballo directos e indirectos, e moito empregos de empresas privadas e públicas “son moitos os servizos que se lle ofrecen ao cidadán e que dependen da enorme riqueza que xera esta empresa”.

O rexedor precisou que nestas mobilizacións non se vai contra ninguén, trátase simplemente de berrar ao unísono, de facer forza co fin de exteriorizar esta grave situación para que o Goberno central sexa consecuente e vexa a importancia que ten esta empresa para toda unha Comarca.

O alcalde cervense insistiu na importancia de que o Estado aporte unha solución xa, porque “que estea en funcións non o exime da súa responsabilidade, non pode ser unha escusa; porque en situacións excepcionais como é o caso, ten a capacidade para tomar aquelas decisións cuxa urxencia pode resultar crucial para a cidadanía”.