Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

San Cosme de Barreiros despide o verán coas festas do 26 e 27

Por 25 Setembro, 2019Sin comentarios

Catro orquestras actuarán nas festas de San Cosme os día 26 e 27 de setembro. Na primeira xornada, ás 13.30, haberá unha misa solemne na igrexa de Abaixo e procesión. Despois, a sesión vermú virá amenizada por La Bamba, formación que actuará tamén na verbena, xunto ao Dúo Estrellas.

As orquestras Abanico e Lecer poránlle a guinda ao pastel o 27 na verbena despois dunha xornada que comezará coa misa ás 13.30 e a procesión e a sesión vermú a  cargo de Abanico.