Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo lembra este xoves o afundimento do bote Fernando Villamil

Por 26 Setembro, 2019Sin comentarios

Este mesmo xoves, pola tarde, celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. No Forte de San Damián haberá o descubrimento dunha placa alusiva a ese feito e intervencións do alcalde, Fernando Suárez, da concelleira de Cultura, Pilar Otero, e tamén do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. 

A edil ribadense contou que “mañá, 26 de setembro, terá lugar ás 17.00 horas no Forte de San Damián un pequeno acto de conmemoración deste episodio da nosa historia local. Será un acto institucional no que participarán o alcalde, Fernando Suárez, eu mesma e no que o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, ofrecerá unha pequena presentación sobre aquel feito”.

Pilar Otero subliñou que “co obxectivo de achegar á veciñanza o aciago feito ocorrido con esta embarcación vaise colocar neste mesmo acto unha placa alusiva ao pé do bote que se garda no Forte. E tamén se distribuirá entre as persoas asistentes unha separata do libro A muralla de Ribadeo, que saíu do prelo recentemente e que actualmente se pode comprar en diferentes librarías de Ribadeo ou na propia oficina de Cultura do Concello”.