Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo organiza varias actividades culturais esta semana

Por 26 Setembro, 2019Sin comentarios

Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nenos, a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro e este xoves, unha actividade polo Día Mundial do Alzhéimer.

Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzhéimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.

O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nenos, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Terá lugar na Biblioteca Municipal de Ribadeo ás 17.30 horas. A actividade está recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos.

E o domingo, 29 de setembro, Rafael Álvarez El Brujo presentará Autobiografía de un yogui. Será no Auditorio Municipal ás 20.00 horas. A billeteira estará aberta desde as 18.30 horas e o prezo da entrada será de 15 euros. A venda anticipada de entradas é a través de https://entradas.ataquilla.com