Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela acolle unhas xornadas sobre diversidade racial

Por 26 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

Continúan as Xornadas Diversidade Étnico-Racial, que se están desenvolvendo en Burela e que se van prolongar ao longo de setembro e outubro. Xa houbo unha charla de estranxeiría, outra sobre cousificación a e a continuación, a presentación do libro Mulleres negras na ciencia, de Zinthia Álvarez Palomino, o 27 de setembro, no IES Monte Castelo, o IES Perdouro e no centro de saúde.

Os encontros rematarán coa charla titulada Alianzas desde a perspectiva do feminismo negro, tamén a cargo de Álvarez Palomino, que se celebrará o 4 de outubro ás 20 horas, na sala multiusos da casa da cultura.

A partir do venres 27 de setembro, pódese visitar a exposición Mulleres negras na ciencia no Centro de saúde de Burela. E esa mesma tarde Zinthia Álvarez Palomino guiará unha charla-café, a partir das 20 horas no Doce Lecer.

As xornadas organízaas o Observatorio da Mariña pola Igualdade e conta coa colaboración do Concello de Burela, a Deputación de Lugo e o Sergas.