Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro ofrece bonobuses para estudantes e para diferentes destinos

Por 26 Setembro, 2019Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Viveiro continúa prestando o servizo de bonobús en colaboración coa empresa Arriva, co que se pretende ofrecer “un servizo de transporte máis eficiente e de menor custo para os veciños e veciñas deste municipio que se desprazan a outras cidades para cursar unha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro”.

Os requisitos para poder facer uso deste servizo son: estar empadroado/a en Viveiro, estar matriculado/a nunha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro, estudantes empadroados en Viveiro que estuden noutras cidades de Galicia, como Vigo poden viaxar ata Santiago ou Coruña.

O procedemento para tramitar os bonos debe facerse cun ingreso na conta de Abanca titularidade de Arriva SL co importe do bono bus que desexe, e a entrega da documentación no Concello .

As  solicitudes de bonos ou recargas de viaxes deberán ser os luns de cada semana xa que o venres será o día que se entreguen as tarxetas recargadas, de non solicitalas o luns entregaríanse recargadas o venres da semana seguinte.

A ruta de Viveiro a Lugo, supón 95,55 euros por un bono de 30 viaxes e 147 euros para un bono de 60 viaxes.

De Viveiro á Coruña, o bono de 30 viaxes é de 145,28 euros e o bono de 60 euros, de 223,50 euros. De Viveiro a Santiago, o bono de 30 viaxes é de 192,10 euros e o bono de 60 viaxes é de 295,50 euros.

De Viveiro a Ferrol o bono de 30 euros custa 85,80 euros o de 60 viaxes, 132,00 euros.

De Viveiro a Ortiguiera pódese ir por 32,68 euros cun bono de 30 e 50,25 euros por un bono de 60 viaxes. De Viveiro a Mondoñedo poderáse ir por 64,35 euros cun bono de 30 viaxes e por 99 euros cun bono de 60 viaxes.

O Concello de Viveiro subvenciona a metade da viaxe.

Os bonos de estudantes caducan o 31/07/2020.

As tarxetas de transporte que facilita a empresa deben ser entregadas a final de curso, a perda ou extravío suporá o abono correspondente para emitir unha nova.

A tarxeta de transporte é válida para as viaxes con saída ou destino Viveiro.

Os horarios de transporte poden sufrir modificacións, é recomendable confirmalos coa empresa Arriva antes de viaxar no teléfono 981 330 046.

Dende o inicio do curso escolar, 28 estudantes solicitaron estes bonos.

Por outra banda, o Concello de Viveiro pon a disposición dos veciños outro servizo de transporte, gratuíto, para desplazarse a Burela, Xove e San Ciprian. Poden facer uso deste servizo os estudantes empadroados no Concello de Viveiro que cursen bacharelatos ou ciclos formativos que non se impartan en Viveiro. Para solicitar este transporte deben presentar unha foto e unha fotocopia da matrícula.

Dende o inicio do curso escolar, 38 estudantes presentaron a documentación para facer uso deste servizo de transporte.

Para máis información sobre estes trámites poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, chamar por teléfono ao 982 560 128 ou realizar calquera consulta ao respecto a través do enderezo electrónico xuventudeviveiro@gmail.com.