Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A piscina olímpica de Cervo comeza a tempada de cursos de natación

Por 27 Setembro, 2019Sin comentarios

A piscina olímpica do Concello de Cervo abreu de novo o seu vaso este mércores despois de efectuar no mesmo tarefas de mantemento.

Os traballos consistiron no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora,  rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.

Así mesmo, a nova tempada de cursos da piscina comeza o próximo martes un de outubro. As inscricións xa están abertas e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982 594 512”.

David Rodríguez, edil de deportes, sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. 

Dentro de cada grupo, establécense diferentes niveis en función da destreza do alumno desde iniciación a perfeccionamento. Ademais, tamén se ofrecen actividades complementarias como Aguagym ou o servizo de sauna e ximnasio.

Rodríguez apuntou que “a filosofía do Concello de Cervo é promover a práctica deportiva no seu conxunto desde as idades máis temperás; e con ese obxectivo ofrecemos de balde ás ANPAS do noso municipio os diferentes cursos de natación para os pequenos e pequenas”.