Un veciño da Pontenova de 72 anos faleceu este venres, tras sufrir un atropelo en torno ás 11.10 horas no kilómetro 37 da N-640, estrada que vai dende Barres, en Castropol, Asturias, ata Vilagarcía de Arousa. O sinistro aconteceu no termo municipal pontenovés.
O vial ao seu paso pola Pontenova ten moito tránsito e pese a estar limitada a velocidade, xa se teñen producido outros atropelos mortais en anos anteriores no termo municipal.