Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Pomba do Arco de Foz comezará un curso de música tradicional

Por 28 Setembro, 2019Sin comentarios
A Asociación Socio-Cultural A Pomba do Arco de Foz insta a inscribirse antes do 1 de outubro nun curso de percusión e gaita que organizan e que comará impartirse o día 2.
O curso abarca tódolos níveis de música tradicional, para aprender ou mellorar con instrumetos coma a gaita, o tamboril, o bombo e a pandeireita.
As clases vanse impartir os mércores, ás 21.30 horas, na sala Bahía de Foz. Para inscribirse convén chamar ao teléfono 645 062 817 ou ao propio local nos días nos que se vai impartir o curso.
A Pomba do Arco é unha asociación-socio cultural fundada en 1991 preocupada pola posta en valor e difusión, tanto da cultura e historia do concello de Foz e as súas xentes, coma da comarca da Mariña e da Galiza.