Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz descubre un monolito en lembranza de Ceferino Díaz

Por 28 Setembro, 2019Sin comentarios

O colectivo Amigos de Ceferino Díaz , acompañados de familiares, militantes, amigos e veciños da Mariña, homenaxearon ao galeguista inaugurando un monólito na súa memoria na praia da Rapadoira de Foz. Na escultura pode lerse a seguinte lenda: ‘A Ceferino Díaz. Exemplo de compromiso co País. Un home socialista, galeguista, bo e xeneroso”.

Segundo o colectivo convócante “Ceferino é un dos maiores valores políticos que tivo Galicia”. Previamente a este acto houbo unha mesa redonda co título; “O galeguismo na actual conxuntura política e institucional’, na que participaron o ex-Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; o arquitecto e ex-Alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Estevez, o ex -voceiro Parlamentario, Ismael Rego e a Subdelegada do Goberno,Isabel Rodríguez. 

Na charla homenaxe todos os intervintes coincidirón en preservar o legado político de Ceferino Díaz, e insistiron e continuar coa senda do galeguismo que tanto defendeu. Os actos remataron cun xantar de confraternización con todos os asistentes. 

Na homenaxe asistiron numerosos representantes socialistas que estivo encabezada pola Secretaria Xeral da Provincia, Patricia Otero; o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca e os representantes da Executiva Galega, Pablo Arangüena e Martín Seco. Así como os Alcaldes de Foz, Fran Cajoto; Burela, Alfredo Llano; Valadouro, Edmundo Maseda; Alfoz, Jorge Val, acompañados de numerosos amigos e veciños.

ESTATUTO. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Economía Aplicada das Facultades de Ciencias Económicas e de Ciencias Políticas ata 2012. Iniciou a súa carreira política en 1972 no PSG e en 1978 ingresa no PSdeG-PSOE, formando parte do Colectivo Socialista Galego.

Foi secretario de Relación Políticas no PSdeG-PSOE (1979-1980) e vicesecretario xeral (1980-1982) nun período de grande importancia para o futuro desenvolvemento social e político de Galicia no que xogou un papel fundamental na negociación, redacción e defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, sendo considerado como un dos país dese Estatuto, aínda vixente. É ademais autor do libro A esforzada conquista da Autonomía. 1979-1981 Unha ollada dende o socialismo galego (Galaxia, 2007) na que explica o crucial papel do socialismo galego no proceso estatutario. Ceferino Díaz faleceu en Compostela en decembro de 2012.