Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A escola infantil de Ribadeo ten 97 nenos e veu millorada a súa instalación eléctrica

Por 29 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

O deputado autonómico do PP, Daniel Vega, interésase polas necesidades da Escola Infantil de Ribadeo co fin de que esta poida se mellorada no futuro. Foi durante a reunión que mantivo cos profesionais que prestan “con eficacia” o seu traballo. Daniel Vega tamén fixo un percorrido polas instalacións co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades. O centro alberga a 97 cativos e viu millorada a súa instalación eléctrica.

Esta visita-reunión enmárcase no proxecto político do tamén voceiro do PP, que consiste en pulsar a opinión pero, sobre todo, as demandas dos distintos colectivos e axentes sociais e económicos do municipio. Trátase, en definitiva, apunta, “de saber e comprobar en directo como podemos facer para ir mellorando ou dando resposta ás necesidades que temos na vila para exercer de altavoz das mesmas alá onde temos representación política”.

A Escola Infantil de Ribadeo ten un total de 99 prazas, das cales cinco son de emerxencia. Na actualidade, ten 91 rapaces, dos que 7 son do grupo de 0 a 1 anos, 40 de 1 a 2 anos e 44 de 2 a 3. Nestes momentos, o centro non ten lista de agarda e o cadro de persoal está formado por 16 profesionais. A Xunta de Galicia vén de asumir a reforma da súa instalación eléctrica por valor case 19.000 euros.