Adrián Ben pasa á final dos 800 metros no Mundial

O atleta vivariense de 21 anos, Adrián Ben, quedou cuarto na semifinal dos 800 metros lisos do Mundial de Doha. Fixo un tempo de 1.44:97, na primeira serie e pasou á final co segundo mellor tempo. Ningún atleta español na historia dos Mundiais tiña sido capaz de rachar a barreira do 1.45 segundo os expertos na proba das dúas voltas.

Ben conseguiu a proeza de meterse na final dos 800 metros lisos dos Mundiais que se celebrará o martes, sendo o único europeo que estará. Xunto cos dous primeiros clasificados de cada semifinal, houbo tres, acceder os dous mellores tempos.

 

Etiquetas