Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Levan ante ao xuíz a dous acusados dun delicto de lesións en Barreiros

Por 30 Setembro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous veciños da localidade de Outeiro de Rei, de 38 e 40 anos de idade, coma supostos autores dun delicto de lesións, acontecido en San Cosme de Barreiros.

Os supostos feitos tiveron lugar, segundo os axentes, o pasado día 24, na localidade barreirese, cando os presuntos autores causáronlle á persoa denunciante diversas policontusións.

Os acusados xa pasaron á disposición xudicial.