Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Por Viveiro ve deficiencias nos parques infantís

Por 30 Setembro, 2019Sin comentarios

Bernardo Fraga Galdo e Manuel Galdo Dopico, concelleiros do grupo de Por Viveiro da corporación municipal de Viveiro, volveron preguntar polos parques infantís públicos do Concello durante o último pleno. Lembraron un informe cos defectos existentes  realizado polo anteriormente concelleiro Óscar Lara Gil. Máis dun ano despois, non ven que o Concello tivera en conta o devandito informe, relativo ao cumprimento do Real Decreto 245/2003 que regula os parques infantís ou teña levado a cabo acción algunha para subsanar os múltiples defectos existentes. E tampouco lles constan que estean a facer as inspeccións anuais por parte de persoal cualificado. 

Todos os concellos da contorna teñen habilitados os seus parques de acordo á lexislación vixente, mentres que en Viveiro non se prevén actuacións ao respecto, manifestaron. Por iso preguntaron durante o pleno que persoal do concello é o responsable do cumprimento das leis e que personal se está a encargar dos parques infantís?

Tamén queren saber que plans ten o concello para reformar os parques e cumprir a lei e se o Concello ten pensado habilitar algún parque para nenos de máis de 6 anos. Existe unha ampla franxa de idade que non ten acubillo nos parques infantís actuais e que precisa dun parque para nenos maiores que lles permita xogar e relacionarse, matizan.

No pasado pleno do mes de setembro, o grupo interesóuse polo coste total das Festas de Viveiro celebradas en agosto. A resposta da alcaldía, foi que todavía non tiñan os datos. A Por Viveiro parécelle que o normal é realizar as actividades en base ás partidas económicas existentes nos presupostos municipais en vigor. E insistiron en preguntar cal foi o coste total das Festas Patronais 2019 e canto é o montante total, desglosando actuacións por grupos e coste de infraestruturas (aluguer de palco, gradas e equipo de son.

Sobre o funcionamento da piscina municipal, Por Viveiro quixo saber cantos socios ten a piscina municipal de Viveiro e cal é a variación no número respecto dos cinco anos anteriores.

En canto os rogos, a formación expuxo que na rúa Tendás, no número 11 en Celeiro, existe unha casa en moi mal estado de conservación, en perigo de demolición e con moita maleza que sobrepasa as parcelas colindantes e o camiño público. As veciñas e veciños da rúa reclamaron en numerosas ocasións ao Concello que adoptara as medidas oportunas de limpeza e seguridade. É por isto, que rogaron ao Concello que adopte as medidas necesarias para poñer fin a esta situación de insalubridade e perigo para as veciñas e veciños colindantes.