Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove publica a lista de admitidos na escola de música

Por 30 Setembro, 2019Outubro 2nd, 2019Sin comentarios

O Concello de Xove fará público a partir do día 1 de outubro, no tablón de anuncios, o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019/20. 

Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través do email carolina@xove.es  o DNI do alumno/a e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 euros en concepto de matrícula por alumno e curso completo ata o 11 de outubro de 2019. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2018/2019 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o  pasado mes de xuño.