Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O miradoiro do Comado en Barreiros é un punto de encontro do parapente

Por 1 Outubro, 2019Sin comentarios

Emilio Piñeiroa Lozano, exprofesor de historia ribadense, é un dos meirandes promotores de recursos patrimoniais da zona como o miradoiro do Monte Comado en Barreiros, cuxa visita promove mediante a elaboración de folletos informativos, entre outras maneiras.

O miradoiro está en San Miguel de Reinante e chégase a el pola estrada N-634. Cóllese a vía á Remourelle e no km. 3,4, a desviación á esquerda por unha pista forestal sen asfaltar ( 2,2 km.). É unha ruta sinalizada. 

Atópase no monte Comado, cuxa altitude é de 471 metros, polo que é un excelente miradoiro da raxa Cantábrica, dende o que se pode observar dende Tapia de Casariego (Asturias) ata o cabo de Burela e en días claros vénse os Farallóns de San Cibrao. 

Aos seus pés atópase o Xacemento Arqueolóxico de A Roda, circular (cromlech) coñecido como o Stonehenge galego, do Bronce Medio (2000 a.C.) e a famosa praia de Augasantas, coñecida como a praia das Catedrais. 

A 650 metros está Penalonga, o punto máis elevado do Concello de Barreiros con 516 metros, dende o que se poden ver os concellos de Trabada, Mondoñedo, Valadouro (Serra do Xistral…), a Frouxeira… e a escasa distancia, o Mondigo (569 m.) no Concello de Ribadeo.

AS CATEDRAIS. Durante anos Comado foi unha zona de referencia do parapente de Galicia, chegando a celebrarse probas das primeiras ligas de parapente galegas, recentemente recuperadas. Comado figura entre as mellores zonas para voar de Galicia. Xullo Villarino, presidente do Club Parapente de Ferrol, afirma que A Mariña é unha das das mellores zonas de Galicia para voar, ten despegues moi bos, de auténtico privilexio, sobre todo o monte Comado en Barreiros. En outubro de 2017 a zona de Comado tiña o mellor récord global de máxima altura (media 1119 metros). 

Dende 2013 celébrase no mes de outubro a subida ao Monte Comado. Un sábado dispútase medio kilómetro vertical con saída da Praia de Arealonga e o trail infantil na cima do monte. E o domingo, dous trails, un de 26 kilómetros e outro de 13 kilómetros.

Os folletos de Emilio Piñeiroa veñen acompañados dun poema sobre o lugar de Maricarmen Santamarina.