Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Valadouro amosará o seu mellor mel en outubro

Por 1 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello do Valadouro informa sobre que este ano celebra a XXXII edición da Feira do Mel, que alá polo ano 1986 empezaran un grupo de apicultores naturais do concello. Desde fai uns anos, o concello encárgase de organizar este evento de gran relevancia a nivel provincial e incluso interautonómico. Con esta feira dase a coñecer un produto de gran calidade e que recolleu numerosos premios nas catas de Mel de Galicia como é ouro líquido: MEL. 

Nesta edición, a base do cartel principal da Feira estará deseñado polos alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria Santa María do Valadouro. Tamén para estas idades, a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia ofertará unha conferencia denominada o doce mundo do mel para nenos e nenas de Primaria. 

A data escollida, nesta ocasión e como acontece nos últimos anos, é o segundo sábado de outubro: Festividade e Día do Pilar. E vaise celebrar pola rúa Andrés López Palmeiro con numerosos postos de artesanía e mel (principalmente de Valadouro, anque en esta edición cóntase con varios postos de fóra do concello). De todos modos, se alguén desexa participar cun posto de produtos de tempada (mel, castañas, cogomelos, hortalizas, froitas, …) ou artesanía poden poñerse en contacto co concello do Valadouro en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres ata o 4 de outubro. O Concello do Valadouro está na Feira Nova e pódese chamar aos teléfonos 982 574 000. 

A actividade comezará coa apertura da feira ás 10.00 horas pola rúa e, un poquiño máis tarde, ás 11.00 horas comezará unha serie de showcookings (demostracións de receitas de cociña) ata as 13.00 horas. 

Desde as 11.00 horas haberá unha locomotora asadora de castañas que as vai a repartir, entre todos os asistentes de maneira e como de costume, gratuítamente. 

Ás 12.00 horas fará un pasarúas polo mercado a asociación cultural Amado Lar para dar paso a apertura da ruta de tapeo polos locais hostaleiros do Valadouro. Nesta ocasión, os locais ofertarán durante todo o día dúas tapas gratuítas de tempada nas que nos podemos atopar como base o mel, a mazá, a castaña, a nos ou os cogumelos. 

Ó remate da xornada da mañá, realizaremos un sorteo entre todos os asistentes cun lote de produtos donado polos postos da feira. 

Xa de tarde, e a partir das 15.30 horas,contaremos cun obradoiro de pintacaras, globoflexia e inchables para todos os nenos que se queiran achegar ata o recinto feiral. 

A partir das 19.00 horas  disfrútase da típica e tradicional degustación de freixoós con mel e para rematar o segundo sorteo de lote produtos doado polo postos da feira. 

Desta maneira, queda clausurada a XXXII Feira do Mel e Mercado de Outono para darlle paso á segunda parte da ruta de tapeo polos locais hostaleiros. Unha ruta que nesta ocasión vai estar animada polo grupo Festicultores Troupe.