Adrián Ben finalizou sexto a final do Mundial de 800 metros

Adrián Ben, o atleta vivarirense de 21 anos, benxamín do equipo español no Mundial de Doha, acabou sexto a final de 800 metros lisos disputada o martes e xa é o español mellor clasificado na historia destes campionatos na proba na que só Tomás de Teresa tiña chegado tan lonxe sendo oitavo en Tokio 1991.

O vivariense saíu á cola do grupo á espera de remontar algún posto na recta final tendo en conta o frenético ritmo marcado polo puertorriqueño Wesley Vázquez.

O boricua pasou en 23.51 os 200 metros e en 48.96 el 400, coa sombra de Donavan Brazier, gran favorito. O estadounidense colocóuse en cabeza para acabar impoñendose cun récord dos campionatos, 1:42.34.

Segundo foi o bosnio Amel Tuka a máis dun segundo (1:43.47), co keniano Ferguson Rotich pechando o pódio (1:43.82).

Etiquetas