Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Resurrection Fest esgotou os seus abonos en 6 horas

Por 2 Outubro, 2019Sin comentarios

O vindeiro festival de música de Viveiro, o Resurrection Fest, que será do 1 ao 4 de xullo, esgotou os seus abonos en 6 horas.

A demanda foi tal que, desde o inicio da venda a partir das 11.00 horas, foron esgotándose cada unha das sucesivas ofertas dispoñibles en pouco tempo ata chegar aos 27.000 abonos.

Estes abonos saíron primeiro a 105 euros, e despois foron aumentado de prezo 115, 125, e 135, ata chegar á última tanda por 155 euros.

O festival que chega este ano ao seu 15º aniversario apunta moi alto e por primeira vez na súa historia venderon os abonos o mesmo día que  saíron a venda.

A organización lembra que irán informando sobre as novidades para esta edición e que sacarán á venta as entradas de días soltos, as de zonas de descanso de pago como o Resucamp, Beachcamp e Glamping, os viaxes organizados, as taquillas e moito máis.

Xa hai confirmadas varias bandas como System of a Down; os británicos Judas Priest, que celebrarán o seu 50 aniversario; KoRn; Meshuggah; Heaven Shall Burn; Madball; Sepultura; Jinger, que volve a Viveiro e desde Francia, Dagoba que virán cargados de enerxía para un show que a organización califica de eléctrico; Dark Funeral fará as delicias dos fans do metal extremo e Beyond The Black estrearanse no país co seu metal sinfónico.

Tamén contarán con Knocked Loose, que visitará por primeira vez o país e demostrarán por que son unha das bandas máis revolucionarias do hardcore actual. Belvedere fará saltar co seu punk máis zapatillero e Lionheart case con seguridade ofrecerá un concerto brutal, segundo afirma a organización. Our Hollow, Our Home tamén se estrearán no Resurrection. Amenra actuará xa que tiveron que cancelar o concerto hai anos cun espectáculo de luz e son e estarán tamén as bandas Elder e The Atomic Bitchwax.

Hamlet presentará o seu disco Berlín. Blowfuse, un referente do punk rok, regresará tamén. O Resu será tamén o primeiro festival de Onza, con Pepo de Desakato ás voces. Vita Imana veñen a Viveiro por primeira vez trala incorporación do seu novo cantante Mero Mero, ademais Thirteen Bled Promises van sacar novo disco e finalmente, tras ser gañadores de Band Contest, Cannibal Grandpa se unen ao cartel para 2020.