O valadourense César Mogo, candidato ao Senado polo PSOE

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Juan Valiño avanzou este luns que o Partido Socialista “presenta candidaturas, ao Congreso e ao Senado, comprometidas para defender os intereses de todos os lucenses e toda a provincia” e entre os nomes figura o do valadourense César Mogo.

Valiño fixo esta valoración tras a ratificación da Comisión Federal de Listas do PSOE, ás candidaturas da provincia de Lugo coas que o PSdeG concorrerá ás eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro. 

Na lista do Congreso dos Deputados encabeza a candidatura pola provincia, Ana Prieto, seguido de Javier Cerqueiro, quen fora o coordinador do grupo provincial de Pedro Sánchez na campaña das primarias, e Sonsoles López Izquierdo concorre no terceiro posto, antes de Daniel Castro, que se mantén no número catro. E para o Senado concorren César Mogo, Pilar García Porto e José Luis Raposo. 

Etiquetas