A Mariña Somerxida recala en Burela en outubro

A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela acollerá dende o luns 7, e ata o vindeiro 11 de  outubro, a exposición de fotografía A Mariña Somerxida que o GALP A Mariña e Ortegal ademais do Concello burelés achegan a todos os interesados que poden visitala de luns a venres, de 10 a 13 horas e, de 17 a 20 horas.

Trátase dunha exposición dos artistas Carlos Gil e Hugo Fernández con instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representacón promovida polo GALP A Mariña Ortegal é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos mares descubrindo un mundo incrible de especies únicas.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta ocasión para sorprender ao público. Móstrase o mar como recurso, como forma de vida, como parte da cultura mariñeira. Preténde tamén que sexa un referente para divulgar e concienciar e conservar a riqueza das augas.

Etiquetas