O Concello de Riotorto reparte 12.000 euros en achegas entre as súas asociacións

O Concello de Riotorto fixo público xa o reparto das axudas que se concederán as asociacións veciñais e culturais  e que ascenden a un total de 12.000 euros.

Un total de 17 asociacións recibirán unha aportación económica que oscila entre os 200 e os 1.200 euros. Así, o montante máis elevado é para a Asociación para a promoción social dos Ferreiros, seguido dos gaiterios de Riotorto (1.100 euros) e os veciños de Santa Comba de Órrea, con 1.000 euros.

Catro destes grupos recibirán 800 euros de achega, dúas 775 as mesmas que reciben 700 e 500. Outras achegas por asociación son 600, 450, 300 e 200.

As asociación de veciños son os grupos máis numerosos no reparto, xa que asecenden a 6. Tamén están as vinculadas co deporte, que son tres asociacións e o deportista Iago Fiallega; ou as culturais, que tamén suman catro, ademais doutras entidades sen ánimo de lucro, como a Asociación e Amas de Casa Santa Isabel, ou a de pensionistas.

Etiquetas