Saíñas de Xove ensinará música tradicional este curso

A Asociación Cultural Saíñas de Xove, que preside Jairo Míguez, comeza un novo curso. Como en anos anteriores, durante esta tempada vanse impartir ensinanzas de baile tradicional, gaita, percusión, pandeireta e canto.

A inscrición para o curso 2019-2020 é para o curso infantil, para iniciación ao baile desde os 4 anos, para gaita a partir dos  9 anos e pandeireta desde os 6 anos e para a iniciación ao baile e música para adultos.

A inscrición vaise realizar o venres 4 de outubro, ás 18.00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. 

Etiquetas