Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A primeira concentración por concellos a favor de Alcoa será en Xove

Por 4 Outubro, 2019Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa acordou cos alcaldes levar á mobilización polos seus empregos a varios concellos. Acordar iniciar un calendario de concentracións na defensa da fábrica, tras unha xuntanza mantida o mércores, co obxectivo de implicar á cidadanía para non perder o motor económico da comarca dos últimos 40 anos.

Baixo o lema Peches non, enerxía solución, por un futuro para A Mariña, realizaranse, en mércores alternos, cada 15 días, concentracións de 20.30 a 21 horas. A primeira será o día 9, na praza do Concello de Xove, o que consideran o máis directamente implicado. A ela están convocados tódolos veciños da comarca. Nela anunciarase o día e lugar da seguinte mobilización.

Asemade, solicitan a implicación do comercio e dos negocios daqueles concellos onde se organicen as concentracións para que pechen esa media hora apoiando a reivindicación.

A cuarta concentración ás saídas das quendas de mañá e de xornada normal da factoría terá lugar este venres, 4, na porta de entrada á fábrica, de dúas a dúas e media.