Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Acusados dous menores en Burela de entrar a roubar nunha casa

Por 4 Outubro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo en Burela a dous menores, veciños da localidade, como supostos autores dun delicto de roubo con forza no interior dunha vivenda. 

Os feitos tiveron lugar o pasado 25 de setembro cando os supostos autores accederon a unha casa deshabitada substraendo obxectos de diverso valor.

Os detidos foron postos á disposición da Fiscalía de Menores.