Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Tomé reúnese co ribadense que representa aos profesores de automoción

Por 5 Outubro, 2019Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu ao presidente da Asociación de Profesores Técnicos e de Ensinanza Secundaria de Automoción de Galicia (APAGA), Álvaro Doural Leiras. Neste encontro, asinaron o convenio regular da subvención nominativa que achega a Deputación a esta entidade por un valor de 3.000 euros. A través desta achega económica o organismo provincial colabora co Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector do automóbil.

Aparte, o presidente mantivo un encontro no Pazo de San Marcos con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e da Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo (FADAS), Ramón Sestayo e Gerardo Castedo, respectivamente, reunións durante as que asinaron os convenios reguladores de dúas subvencións nominativas da institución provincial para estes colectivos cun importe total de 40.000€. 

Tomé Roca puxo en valor o labor que desempeñan estas organizacións, que “traballan a prol da igualdade e loitan por conseguir a plena inclusión social das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social. COGAMI e FADAS son bos exemplos de integración e colaboramos con estes colectivos porque cremos que a mellor forma de ter un sistema de protección social forte na provincia é traballando da man do tecido asociativo”.

O presidente renovou a achega económica que mantén a institución provincial con ambos colectivos sociais, asinando unha subvención nominativa de 30.000€ para colaborar cos gastos de funcionamento do Centro Diurno de Atención Terapéutica de COGAMI e outra por 10.000 euros para colaborar co servizo de coordinación das entidades de FADAS.