Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa hai gañadora dos 500 euros sorteados pola Fcam

Por 5 Outubro, 2019Sin comentarios

En Foz recibiron os seus premios aos primeiros afortunados da campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña. O primeiro premio, dotado con 500 euros, foi para Pili Basanta Rodríguez, que obtivo a papeleta premiada en Xanela Agasallos e Complementos. E tres foron os premios de 100 euros entregados ata o momento a Aurora Villapol, Marina González e Paula López. As súas papeletas fóronlles entregadas en Litopiel, en Nº1 e en Librería Bahía. Desde a Federación de Comercio da Mariña, FCAM, lembran que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”. 

Esta campaña da FCAM  descansa durante uns días e volve o 14 de outubro a Xove. Todas as persoas que realicen as súas compras do 14 ao 20 de outubro no comercio asociado a Aciam xovense entrarán no sorteo de 1.000 euros en vales de compra. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas no sorteo que se celebrará o vindeiro 21 de outubro. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Xove. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. Ata o momento xa houbo sorteos e premiados en Viveiro e en Foz. 

A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.