Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A CIG aplaude a sentenza que declara fixos a dous GES da Pontenova

Por 6 Outubro, 2019Sin comentarios

O xulgado do social Nº 3 de Lugo ven de decretar a fixeza de dous operarios do grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A  Pontenova.

Segundo determina o xulgado a fraudulenta contratación destes traballadores polo Concello de A Pontenova, o cal lles renova o contrato ano a ano desde o ano 2013, a realización de funcións estructurais e o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso á súa praza, tras superar un proceso público de selección para a súa contratación, convirte aos mesmos en Persoal laboral Fixo do Concello de a Pontenova.

Estas dúas sentenzas veñen a manifestar a situación fraudulenta que os Concellos fan do persoal destes grupos de Emerxencias, segundo os nacionalistas. 

Esta situación fraudulenta da contratación do peroal destes grupos de emerxencias que se dá de forma prácticamente xeral en todos os concellos que dispoñen deste servizo, segundo a CIG, deriva dunha concepción irresponsable por parte das administracións implicadas, tanto Xunta, como deputacións provinciais, Fgamp e Concellos sede, posto que dunha banda o obxectivo da Xunta é dar unha suposta cobertura de servizos de emerxencias a zonas nas que non chegan os parques de bombeiros, e por outra banda os concellos, co visto bó de deputacións e FGAMP, acollen estes grupos co obxectivo de poseer peóns baratos para a realización de todo tipo de labores, sendo para todas estas administracións o de menos que a poboación conte cuns servizos de emerxencias eficientes, profesionais e correctamente equipados.

Desde a CIG convidan ao persoal dos distintos Grupos de Emerxencia Supramuncipal que hai na provincia a que se animen a demandar a súa condición de persoal laboral fixo e a que consulten no sindicato a súa situación e as súas posibilidades ao respecto de obter a condición de fixeza.