Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O clube ribadense de submarinismo Illa Pancha limpa o peirao de Castropol

Por 6 Outubro, 2019Sin comentarios

O Centro de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo, presidido por José María Sanjurjo, colaborará o 12 de outubro na limpeza do peirao de Castropol xunto co clube de vela local.

Non é a primeira vez que estes afeccionados ao submarinismo fan labores de limpeza dos fondos mariños posto que tamén o fixeran por exemplo mesmo no lago de Sanabria.

Ademais, esa mesma tarde do 12 de outubro presentarán na localidade castropolense a exposición coa que acadaran gran éxito no verán no Forte de San Damián en Ribadeo xa que amosa o que ría agocha. Estará durante un tempo na sala de exposición do municipio veciño.