Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Komando Xoviético de Xove prepara a súa marcha polos montes locais

Por 6 Outubro, 2019Sin comentarios

O Komando Xoviético convida a participar da súa marcha en MTB polos montes e paraxes da localidade, o vindeiro 20 de outubro. Dende finais de setembro leva aberto o prazo de inscrición na web https://inscripciones.galitiming.com/…/iii-marcha-btt-kom, aínda que tamén o seu facebook informa ao respecto.

Este ano a Marcha Xoviética será un viaxe fantástico pola terra media, segundo afirma a organización, e para elo subirán polas terras dos orcos para chegar máis alá de Góndar. Bromean con que será unha oportunidade para retirarse á Terra Media do Concello de Xove. Un terreo que califican de pechado e guerra de guerrillas.

Animan a ir pasar cos Xoviéticos un bo Domingo de bici polo interior do Concello de Xove, o que dará a ocasión de ver recunchos interesantes pese a tala masiva do eucalipto, obxectan.

A marcha non é competitiva, é apta para calquera persoa que practique o MTB a un nivel moderado. Este ano non pisarán a costa. Predominarán os sendeiros por diferentes tipos de paraxes. As zonas algo técnicas terán alternativas, algún cortadiño, saltiño todos con escapatoria ou alternativa estarán sinalizados. Non é zona de moito terreo chan.