Unha ruta de vehículos clásicos percorrerá A Pontenova e Vegadeo

O 26 de outubro haberá en Vegadeo a décimo cuarta concentración de clásicos e deportivos e realizarase a ruta dos Fornos.

Non só será unha actividade lúdica, senón tamén solidaria xa que vai haber unha recollida benéfica de alimentos.

O peche de inscricións será o 21 de outubro, na web automovilclubvegadeo.es e a organización non garantiza a dispoñibilidade de prazas.

Haberá un parque pechado de 9.30 a 13.15 horas, aínda que os vehículos participantes deberán chegar antes das 11.30. A ruta sairá de Vegadeo ás 13.15 horas para chegar á Pontenova ás 13.45 horas. Despois voltará a sair ás 17.30 horas cara o recinto ferial vegadense ao cal está está previsto que chegue ás 19 horas.

Etiquetas