Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha unidade móbil de atención aos maiores recalará no Valadouro

Por 6 Outubro, 2019Sin comentarios

A unidade móbil do programa RedMay achega ás persoas maiores servizos gratuítos de optimetría, podoloxía e asesoramento en diferentes temas e estará no concello do Valadouro en novembro.

Con esta iniciativa, apoiada pola Unión Europea, a Consellería de Política Social facilita que as persoas maiores de 55 anos que viven en zonas rurais poidan beneficiarse destas prestacións sen ter que desprazarse fóra das súas localidades. 

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, apuntou que percorrerá nas vindeiras semanas outros catro municipios, permanecendo cinco días en cada un -de luns a venres-. Así, a próxima semana estará en Cervantes (7 a 11 de outubro) e a continuación desprazarase a Portomarín (14 a 18 de outubro), Abadín (21 a 25 de outubro) e O Valadouro (4 a 8 de novembro). 

Os usuarios terán acceso a servizos ópticos -revisión e gradación da vista-; servizos de podoloxía -prevención, diagnose e tratamento das principais enfermidades dos pés- e tamén información e asesoramento sobre diversas cuestións da vida cotiá, como as relacionadas coas facturas de servizos domésticos ou a eliminación de barreiras arquitectónicas nos fogares. 

O proxecto RedMay está a desenvolverse nunha vintena de concellos de Galicia e na rexión norte de Portugal e nel a Xunta ten como socios á Universidade de Vigo e á Cámara Municipal de Braga.