A biblioteca ourolesa programa un espectáculo para bebés

O 19 de outubro Ourol acollerá un espectáculo de música para bebés de ata tres anos. Será ás 12 horas, na biblioteca municipal. A actividade durará algo máis de media hora e convén inscribirse para asistir. Hai de prazo para anotarse ata o 16 deste mes e as persoas interesadas poden facelo chamando ao 982 55 90 19.

Aparte, os responsables da biblioteca ourolesa animan a compartir lecturas en familia con contos como A banda de Raimunda ou Oito patas.

Etiquetas