Riotorto acolle un curso de iniciación á micoloxía

O Centro Sociocultural de Riotorto ofrecerá o día 30 de novembro un curso de iniciación á micoloxía, que estará a cargo do José Castro, da Sociedad Micolóxica Lucus.

O curso, que terá a súa hora de inicio sobre as 9.30 horas, constará de unha hora e media de teoría e 3 horas de traballo no campo.

Esta actividade está organizada pola Asociación de Veciños de Ferrería e ten un prezo de 15 euros por persoa.

Os interesados en anotarse deberán facelo no teléfono 628 893 884, tamén a través de whatsapp.

Etiquetas