Os Sendeiros De Foz organizan unha ruta polo Xistral

Os Sendeiros De Foz organizan para o 20 de outubro unha nova camiñata que será pola serra do Xistral e rematando na fervenza Escourida.

Esta camiñata farase cos amigos do Rebollin de Sala, e comezará ás 8.30 horas diante do Concello e ás 8.50 pasará por Ferreira.

O prezo para os socios federados será de 25 euros, os non federados 29 e os non socios 33. Neste prezo está incluído o xantar.

Para participar é necesario anotarse antes do 16 de outubro nos teléfono 606 718 482 ou 670 369 017.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas