Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa hai gañador da viaxe a Cuba do sorteo do VI Ribadeo Indiano

Por 9 Outubro, 2019Sin comentarios

José Penzol Díaz, acompañado da súa dona e dunha filla, recolleu en Ribadeo, o premio da viaxe a Cuba para dúas persoas que lle tocou no sorteo celebrado no VI Ribadeo Indiano. No acto de entrega participaron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así coma a concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.

José Penzol cedeulle a viaxe a dúas persoas da súa familia, que o gozarán do 13 ao 20 de outubro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero,  habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado a Cuba e o seguro de viaxe.

O sorteo da viaxe a Cuba foi un dos reclamos máis importantes do pasado Ribadeo Indiano, xa que máis de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartiron preto de 200.000 rifas. Ao sorteo celebrado tras o concerto ofrecido polo grupo Compay Segundo asistiron arredor de 12.000 persoas o  pasado 14 de xullo. 

Dende a organización do VI Ribadeo Indiano agradecen “a colaboración prestada por Estrella Galicia e Banco Sabadell para levar a cabo esta actividade, que foi un auténtico  éxito”.

Tanto desde Acisa como desde o Concello desexáronlle unha boa viaxe e unha grata estadía aos familiares de José Penzol, que se desprazarán a Cuba dentro duns días.