Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Goberno de Pedro Sánchez reafirma o seu compromiso co futuro de Alcoa

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

A secretaria Provincial, Patricia Otero e o presidente da Deputación, José Tomé Roca, encabezaron a delegación socialista na xuntanza coa Ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto, sobre o futuro da planta de San Cibrao. No acto tamén participaron alcaldes e cargos orgánicos da Comarca da Mariña, así como os candidatos ao Congreso e ao Senado e o Secretario de Organización do PsdeG-PSOE.

Otero remarcou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co futuro de Alcoa, cos seus traballadores e coas súas familias. “Estamos ante un reto de provincia, de país, polo que todos e todas debemos estar defendendo o futuro desta Comarca”. Ademais subliñou o compromiso realizado pola Ministra “que garante aos traballadores que este ano haberá 180 millóns para industrias electrointensivas por custos de CO2”

Criticou “a política industrial da Xunta que é completamente fallida, como demostra que Galicia é a comunidade autónoma de toda España que presenta un peor comportamento en produción industrial no que vai de ano”. 

“Alcoa e a Comarca da Mariña precisan máis que nunca unha estratexia de pais clara, con propostas, con iniciativas que contribúan a fortalecer o noso tecido industrial”. E preguntouse “que fixo o Goberno de Feijoo por Alcoa: absolutamente nada de nada. Feijoo é un escapista profesional, que só ven á Mariña a queixarse sen ofrecer ningunha estratexia de futuro para os seus veciños e veciñas”, espetou Otero.

A Ministra de Industria puxo en valor o traballo do Executivo nacional xa que “adoptou medidas que están nas nosas mans: primeiro as dúas poxas de interrumpibilidad, por valor de 200 millóns, que no 2019 permitiron reducir a factoría eléctrica de Alcoa. E en segundo lugar, ampliamos as subvencións do custo de emisións de CO2 de 91 millóns ao máximo que permite a Comisión Europea”. E reafirmou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez “por manter o emprego e as condicións produtivas de Alcoa na Mariña”.

“Hoxe ponse en marcha unha mesa de seguimento de Alcoa San Cibrao, da que forman parte sindicatos, administracións, e grupos políticos na que se analizará o futuro deste empresa e as súas solucións”, resumiu.