O teatro de Buxiganga aterra en Viveiro este sábado

O Concello de Viveiro organiza para o 12 de outubro ás 20.30 horas no teatro Pastor Díaz a obra baixo o título Bicos de vinagre, a cargo do Batán de Foz.

Esta obra, enmarcada dentro do programa Buxiganga, está dirixida por Mª Paz Rodríguez Silva e é apta para todos os públicos.

É unha comedia sobre as relacións entre pais e fillos e a desestruturación da familia tradicional. Cando os fillos marchan da casa, non sempre se comportan cos pais como deberían. E os pais, a miúdo, empregan aos fillos como parapeto tralo que agochar os seus propios defectos. A moralexa desta obra: cómpre revisar certas conductas familiares que sempre perxudican aos máis débiles: os fillos.

A vindeira actuación programada por Buxiganga será o 19 de outubro ás 20.30 no Teatro Pastor Díaz será As fillas de Eva a cargo de Nova Escena Teatro.

 

Etiquetas