Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ourol afronta o grave problema do aumento das velutinas

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

O alcalde de Ourol, o socialista José Luis Pajón, admite ter un severo problema coa invasión da vespa velutina na municipalidade. A Xunta, a través da empresa Tragsatec, encargada de retirar os niños, tarda entre 25 días e un mes en vir retiralos tras recibir o aviso. Pero nalgunha circunstancia, a alcaldía non pode agardar tanto por atoparse preto de vivendas ou de cidadáns. Este foi o caso por exemplo, hai apenas uns días, dun enxame atopado detrás do centro de saúde.

O alcalde confesa que tivo que chamar á empresa de Viveiro, Serpa, para retiralo por non arriscar máis agardando a que viñera a empresa autonómica.

E así aconteceu con máis casos, con niños preto de vivendas.

Pajón sinala que nun caso, as vespas velutinas instaláronse no faiado dunha casa ao redor da cal había persoas alérxicas. Por este tipo de situacións, o rexedor advirte que no pode arriscar a agardar un mes a que veñan retiralos. Síntese desprotexido neste senso e tampouco pode abusar do persoal municipal de Protección Civil que polo demais non se pode arriscar a entrar en lugares inaccesibles.

Na primavera semellaba que o problema non ía ser tan serio como en anos anteriores, pero o que pasou é que as vespas saíron máis tarde do seu letargo invernal e agora hai unha auténtica invasión delas alomenos no concello de Ourol.