Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os maiores de Ourol poderán asistir a clases de memoria e ximnasia

Por 11 Outubro, 2019Sin comentarios

Os maiores de Ourol comezaron recentemente as clases de memoria e de ximnasia que adoita organizar o Concello, a través da área de servizos sociais, cada ano. As de exercicio desenvólvense de 11 a 12 no edificio multiusos.

As sesións prolongaránse dende outubro e ata maio, aproximadamente e os interesados en acudir pódense poñer en contacto co Concello.

Aparte, o alcalde, José Luis Pajón, avanzou que dende o Concello traballan por crear outro curso de manualidades en breve, que dure de novembro a febreiro.