Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Unidade Móbil de reclamacións sanitarias volve recoller queixas no Hospital

Por 12 Outubro, 2019Sin comentarios

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións, coñecida pola inmensa maioría da poboación da Mariña polas súas siglas,- UMAR-, volta ao hospital tras uns meses de descanso estival. A  UMAR colocarase na entrada principal do hospital, ubicada actualmente no edificio novo. A mesa mantén o seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

Se ben durante o verán os problemas sanitarios non fixeron máis que agudizarse, segundo afirma a plataforma, ao engadirse aos xa existentes a escandalosa falta de persoal sanitario en atención primaria, o peche de camas negado pola Administración ou  a reivindicativa loita contra a precariedade laboral do colectivo de enfermeiras eventuais en loita, a UMAR fixo un alto no camiño para recargar forzas e volver ao primeiro plano da actualidade sanitaria na súa loita contra a nefasta xestión de listas de agarda que realiza o SERGAS.

É por iso que desde este colectivo sanitario convidan a todas aquelas persoas que consideren que o tempo de agarda para facer una proba diagnóstica, para acudir a una consulta ou para una intervención cirúrxica sobrepasa os límites considerados de normalidade ou non se axustan á Lei de garantías sanitarias, que acudan o martes día 15 de outubro á entrada do hospital, onde integrantes da Plataforma Sanitaria lles facilitarán información ou mesmo lle tramitaran a pertinente reclamación.

Igualmente desde a Plataforma Sanitaria informamos que esta mesa de reclamacións queda convocada para o primeiro martes de cada mes, en horario de 11 a 13 horas, salvo que coincida festivo. Neste caso trasladarase ao seguinte día. 

Para todas aquelas persoas ás que lles sexa imposible achegarse ate o hospital a Plataforma Sanitaria dispón dun correo electrónico onde se lles atenderá de igual xeito, plataformasanitaria@gmail.com